“Nostálxicos e supremacistas” – José Manuel Pena

28 Outubro 2021

Nos últimos tempos é coma se os nostálxicos do franquismo e os simpatizantes de ideoloxías de extrema dereita saísen das súas cavernas para manifestar publicamente o seu desprezo contra todo o que se move e o que non lles gusta na súa limitada perspectiva vital do que é para eles a liberdade, a democracia e o respecto polos demais que non pensan como eles.

Teñen un odio enfermizo en contra dos inmigrantes, os homosexuais e as feministas porque atentan contra a súa ideoloxía supremacista e o seu prototipo de raza aria, que tanto nos lembra a tempos non moi afastados. Son intolerantes, violentos e carentes da máis mínima educación e respecto cara aos demais.

Chama a atención que manipulan todo tipo de imaxes e lanzan toda clase de bulos para denigrar aos inmigrantes, culpándoos de delincuentes, violentos e violadores, sen ruborizarse. Parecen esquecerse de cando saían, por motivos de traballo ou por mero turismo, a eses países do chamado terceiro mundo e abusaban ou violaban a nenas e mulleres, por un par de dólares ou unha botella de whisky, que sofren pobreza extrema ou miseria económica.

Esa xente nostálxica e supremacista adquire a súa forza ante o silencio cómplice do resto da poboación. Non podemos deixarlles que continúen mentindo e intoxicando a unha parte da poboación coa xenofobia, o odio e o rancor a unha gran parte da cidadanía que desexa vivir en paz e cos valores que inspiraron á propia Unión Europea e aos organismos internacionais. Temos que seguir loitando para seguir reforzando a nosa Democracia e protexendo o noso Estado de Dereito.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.