O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia decidiu declarar desistida á Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía da súa solicitude do recurso especial contra o lote 2 dos pregos de contratación dos servizos arqueolóxicos para a construción do novo polígono industrial de Ribeira.
Así llelo foi comunicado esta mañá o devandito tribunal ao Concello de Ribeira, cunha resolución que pon fin á vía administrativa.
Deste xeito, prosegue o seu curso o procedemento de adxudicación dunha iniciativa que, cómpre recordar, está dividida en tres lotes:
- En primeiro lugar, un proxecto de expropiación que conta cun
prezo de licitación de 48.400 euros. Conforme ás bases, deberá
ser efectuado por persoas facultativas coa correspondente
titulación universitaria. Para tal efecto, a lo menos un membro
do equipo técnico deberá ser persoa técnica coa titulación de
arquitectura ou enxeñería de camiños canles e portos. As
valoracións do solo, edificacións, instalacións e plantacións
realizaranse por persoal técnico con habilitación legal suficiente. - En segundo lugar, un servizo de arqueoloxía de 27.930 euros;
diferenciándose dúas etapas: por unha parte as sondaxes
arqueolóxicas (un total de 64 catas e 64 zanxas mecánicas) e
por outra o control arqueolóxico durante a execución das obras
de urbanización. - E en terceiro lugar, o proxecto de urbanización, cun prezo de
licitación de 173.030 euros no que se inclúen alomenos as
seguintes obras:
Execución ou acondicionamento das vías públicas, rede peonil,
aparcadoiros e espazos libres públicos, incluída a explanación e
pavimentación de calzadas, construción e encintado de beirarrúas e
movementos de terras.
Abastecemento de auga, incluída a súa captación, depósito, tratamento e
distribución, así como as instalacións de rega e os hidrantes contra
incendios.
Saneamento, incluídas as conducións e colectores de evacuación, os
sumidoiros para a recollida de augas pluviais e as instalacións de
depuración.
Subministración de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de
condución, transformación, distribución e iluminación pública.
Infraestruturas comúns telefónicas e de telecomunicacións.
Canalización e instalación das redes de gas e dos demais servizos
esixidos en cada caso polo planeamento
Xardinaría dos espazos libres públicos, incluída a plantación de árbores e
de especies vexetais preferentemente sustentables e a instalación de
elementos de xogo infantís.
Sinalización.
Mobiliario urbano.
Previsión de espazo para a implantación das infraestruturas de transporte
público que se requiran para unha mobilidade sustentable.
Demolición dos elementos existentes incompatibles co planeamento.
Enlace dos servizos urbanísticos cos sistemas xerais e acreditar que teñen
capacidade suficiente para atendelos
Previsión e valoración das correspondentes obras de desvío ou reposición
e incluso a súa posible utilización como puntos de novas acometidas.
O polígono estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira, e contará cunha superficie de 258.685 metros cadrados. O orzamento municipal deste ano recolle diversas consignacións relacionadas co novo polígono, entre eles 1.200.000 euros para a expropiación de terreos e 7.992.648,32 euros para a construción e urbanización do mesmo.




