Impulso ao proxecto de renovación da auga para consumo en Cabo de Cruz

01 Outubro 2021

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 30 o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. A sesión contou, que como vén sendo costume pode verse na canle municipal en Youtube, coa asistencia da totalidade dos membros da corporación: 17. Entre outras novidades salientábeis, o pleno saldouse coa aprobación inicial do regulamento para o viveiro de empresas municipal e o Coworking Lab Barbanza, e o respaldo dos grupos ao proxecto para renovar a auga para consumo en Cabo de Cruz (proxecto do Concello do que falamos os días pasados dende O Barbanza).

Os resultados da votación foron os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 24/06/2021 – aprobado con 15 votos a favor (7 PP/ 5 PSOE/ 1 BNG/ 1 ICBoiro/ 1 Ciudadanos) e 2 abstencións (1 BNG/ 1 Boiro Novo).

2. Aprobación da conta xeral do exercicio 2020 – aprobado con 8 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo) e 9 abstencións (PP/ IC Boiro/ Ciudadanos).

3. Aprobación inicial do regulamento do Viveiro de Empresas do Concello de Boiro e a zona Coworking Lab Barbanza e o seu réxime interno – aprobado inicialmente con 8 votos a favor ( PSOE/ Boiro Novo/ IC Boiro/ Ciudadanos) e 9 abstencións (PP/ BNG).

4. Modificación do Título X das bases de execución do orzamento prorrogado do 2019 e aprobación do expediente de modificación de créditos nº 27/2021, de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por importe de 326.389,63 euros, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais – aprobado con 8 votos a favor (PSOE/ Boiro Novo/ Ciudadanos/ IC Boiro), 7 en contra (PP) e 2 abstencións (BNG).

5. Determinación de festivos locais para 2022 – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

6. Expediente de modificación de créditos nº25/2021 de suplemento de crédito por importe de 119.043,25 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais da liquidación 2020 para a “renovación da auga potable en Cabo de Cruz – tramo inserción Curvera ata Subuqueiro – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

7. Modificación de créditos nº 25/2021 de crédito extraordinario por importe de 335.559,58 euros, financiado con remanente de tesourería, para gastos xerais – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

8. Moción do grupo municipal Boiro Novo/ Mixto para o rexeitamento dos actos homófobos acontecidos neste concello – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

9. Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE para equiparar real e efectivamente as persoas menores en acollemento familiar á condición de “fillo/a” e o recoñecemento de familias de especial protección ás familias acolledoras, solicitada pola Asociación Galega de familias de Acollida (ACOUGO) – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

10. Moción do grupo municipal do BNG sobre asfaltado dunha pista da concentración parcelaria na Cuncheira – aprobado por unanimidade (17 votos a favor)

11. Moción do grupo municipal BNG sobre mellora de habitabilidade e convivencia nos núcleos do río Coroño – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

12. Moción do grupo municipal do BNG sobre mellora en infraestruturas e seguridade no núcleo de Ponte Goiáns – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

13. Moción do grupo municipal de IC Boiro sobre modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello de Boiro e a equiparación salarial do corpo da Policía Local cos demais corpos de seguridade estatais e autonómicos – aprobado con 15 votos a favor (PP/ PSOE/ Boiro Novo/ IC Boiro/ Ciudadanos) e 2 abstencións (BNG).

14. Moción do grupo municipal do PP para instar ao goberno de España a baixar o prezo da luz actuando sobre determinados impostos e custes regulamentarios – rexeitado co voto de calidade do alcalde con 8 votos a favor (PP/ IC Boiro), 8 votos en contra (PSOE/ BNG/ Boiro Novo) e 1 abstención (Ciudadanos).

15. Moción do grupo municipal do PP en apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros – aprobada con 9 votos a favor (PP/ IC Boiro/ Ciudadanos) e 8 votos en contra (PSOE/ BNG/ Boiro Novo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...