O pleno do Concello de Boiro debaterá o proxecto de renovación de auga para consumo en Cabo

30 Setembro 2021

O Concello de Boiro, na sesión plenaria prevista deste 30 de setembro, debaterá unha proposta para a renovación de auga para consumo en Cabo de Cruz, no tramo entre Curvera e Subuqueiro. Trátase “dunha actuación urxente que condiciona o proxecto para a mellora da seguridade viaria na DP-1107 entre Boiro e Cabo de Cruz”, sinalou o Goberno local, que propón para o seu debate un expediente de modificación de créditos por importe de 119.043,25 euros para sufragar os custes da dita renovación.

“Con esta actuación o que se pretende é renovar a rede municipal de auga potábel duns 540 metros de lonxitude con tubaxes de fibrocemento e que na actualidade presenta numerosas deficiencias que afectan a unha 80 vivendas”, indicou o Executivo, poñendo o foco na necesidade de acometer a obra “para para poder levar a cabo o proxecto de mellora da seguridade viaria dos catro quilómetros da DP-1107 que une o núcleo de Boiro e Cabo de Cruz e que vai executar a Deputación da Coruña incluído no Plan de Conservación de Viais Provinciais”. Esta actuación, dun importe de 449.881 euros contempla a demolición dos actuais pasos peonís sobreelevados para a renovación do firme e a instalación de novos redutores de velocidade.

O Concello engade que para levar a cabo esta actuación é preciso realizar primeiro a renovación do tramo de 540 metros de lonxitude na DP-1107 para renovar a rede obsoleta de fibrocemento e garantir o correcto subministro de auga potábel á poboación afectada. Con esta modificación de crédito que se propón para a súa aprobación no vindeiro pleno, sufragaríanse os custes desta actuación para logo proceder á renovación de todo o tramo da estrada que une Boiro e Cabo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.