Comezan as obras para mellorar a transversal da avenida Ramiro Carregal, en Ribeira

08 Outubro 2021

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras (este mércores 6 de outubro) destinadas á mellora do Polígono de Xarás. En concreto, vanse destinar máis de 90.000 euros ao pavimentado e á dotación de rede de pluviais á rúa transversal á avenida Ramiro Carregal Rey.

A tal efecto, e de acordo co proxecto elaborado por técnicos municipais, estase a dispoñer polo centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse arquetas de sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado que serán emprazados cada 20 e 40 metros, respectivamente.

Amais, o Concello engadiu que dotarase á rúa transversal dun novo pavimento de aglomerado asfáltico en quente logo de demoler o actual, “xa deteriorado”.

A obra foi adxudicada á empresa Excavaciones Mina, S.L. e ten un prazo de execución de 2 meses.

O orzamento final ascende a 91.503,56 euros, IVE incluído. A actuación está financiada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...