Boiro convoca un proceso selectivo para unha praza de técnico/a de administración xeral

05 Outubro 2021

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita nomeamentos interinos como técnicos/as de administración xeral. O prazo de inscrición no proceso abre este mércores 6 de outubro e será de 10 días hábiles.
As persoas aspirantes deben cumprir unha serie de requisitos, esixibles para acceder ao servizo público de emprego e estar en posesión do título oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. O proceso selectivo vai constar dunha fase de oposición cunha proba de coñecementos, un suposto práctico e proba de coñecemento de lingua galega. Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional e a formación.
As persoas interesadas en formar parte desta selección deberán presentar as súas instancias no modelo que se engade como Anexo nas bases, nun prazo de dez días hábiles a contar dende este mércores 6 de setembro. Toda a información e bases da convocatoria están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.