Boiro convoca un proceso selectivo para unha praza de policía local de mobilidade

20 Outubro 2021

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de policía local, reservada para mobilidade horizontal, en modalidade de funcionario de carreira. O prazo de presentación de
solicitudes está aberto dende a súa publicación no BOE do 14 de outubro por un prazo de 20 días hábiles.
As persoas aspirantes deberán estar en posesión o título de bacharel ou técnico; acreditar estar en posesión dunha categoría igual á da convocatoria como funcionario/a de carreira noutros corpos da Comunidade Autónoma da
Galicia e ter unha antigüidade mínima de 3 anos en dita categoría; ser titular dos permisos de conducir A2 e B; compromiso de portar armas durante o servizo; posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas; e non ter
sido condenando nin inhabilitado das funcións públicas.
O proceso selectivo consistirá nun concurso de méritos, disposto para as probas de mobilidade e promoción interna nos corpos das policías locais. O prazo de presentación de solicitudes está aberto e debe facerse a través do
Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.