Bandeira Papers – Pedro Pérez

07 Outubro 2021

Nos últimos días saíu á luz a investigación periodística internacional Pandora Papers froito dun traballo de numerosos medios de comunicación que desvelan o perverso funcionamento dos paraísos fiscais. Julio Iglesias, Pep Guardiola ou Miguel Bosé son só algún dos personaxes españois máis destacados que aparecen na investigación, que mostra o alcance masivo da evasión fiscal de gobernantes, famosos e empresas.

É curioso ver como a publicación dunha investigación de tal calibre e que pon entre a espada e a parede a moitas persoas famosas, apenas causa un impacto na sociedade. Sen embargo cando se deron os casos de forma individual, como puido ser o de Messi, a expectación foi máxima, quizá porque a noticia nese momento fose esa, e a día de hoxe tanto a COVID-19 como o volcán da Palma están eclipsando un traballo enorme por parte do periodismo internacional. Outra das opción que se barallan para explicar esta normalización é que non se trata dun problema puntual, se non dun problema sistemático. A continuidade coa que saen noticias relacionadas con contas offshore é tal que a sociedade media non se sorprende.

Outro punto que tamén deixa claro esta situación ten que ver co patriotismo, cuxa única intención é desarmar e dividir á poboación. Son moitos os personaxes famosos que fan declaración con respecto á nación e a patria, pero o que queda claro é que a clase poderosa, independentemente da bandeira coa que se cubra, para eles a única patria é o diñeiro, sen importan o prexuízo que cause no pobo ao que pertence e que defende coas súas palabras, pero non cos seus actos. Porque o patriotismo non é só sacar unha bandeira, se non pagar os impostos que corresponda, e cos Pandora Papers aínda que mellor dito sería cos “Bandeira Papers”, queda máis que demostrado.

Outros artigos

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.