A patronal de Ribeira intégrase na Asociación de Pequenos Empresarios de Galicia (APE)

27 Outubro 2021

No seu labor de dinamizar o comercio local e achegar aos seus integrantes todos os medios para o desenvolvemento óptimo da súa actividade, a Asociación de Empresarios Ribeira pasa oficialmente a formar parte da directiva da APE, a Asociación de Pequenos Empresarios de Galicia. Faino ademais como entidade membro de pleno dereito na persoa do seu presidente, Francisco Martínez Gude.

Como froito da dita integración, a sede da patronal ribeirense recibiu este 27 de outubro a visita do presidente da APE, José Ramón Caldas Martínez.

“Con esta integración na APE”, explicou a entidade ribeirense, “os nosos asociados poderán ter acceso a actividades de diversa índole, así como a cursos de formación e preparación para todos aqueles cambios que se producen en aplicación da novas tecnoloxías, normativas e requisitos que fan necesario que esteamos preparados para ser competitivos e poder ofrecer aos nosos clientes un servizo de primerísima calidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.