A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro chega a Rianxo o 15 de outubro

07 Outubro 2021

A versión de Sarabela Teatro do conto A linga das bolboretas de Manuel Rivas vai chegar a Rianxo o vindeiro 15 de outubro. Será ás 21.00 horas, de entrada gratuíta (só con reserva de localidades a través da web muncipal, na sección de reservas), na Sala Arcos Moldes do Auditorio.

Como lembraremos, o relato de Rivas, incluído en Que me queres amor? (Galaxia), conta a historia de don Gregorio, mestre republicano que mantén unha estreita relación de coñecemento e liberdade cos seus alumnos, especialmente con Pardal, un rapaz que é testemuña directa, a través do seus ollos inocentes, das terríbeis consecuencias que tivo a Guerra Civil para milleiros de persoas que non compartían a ideoloxía do alzamento nacional e que, como o mestre, convertéronse nas primeiras vítimas directas da fin da liberdade.

Nesta proposta teatral a compañía combinará dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) co “propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica”.

Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da Compañía co autor: O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) foron as anteriores. Se con O Heroe celebráronse os 25 anos da Compañía, con A lingua das bolboretas conmemorarase o 40 aniversario de Sarabela.

​​​​​​​

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...