A aula CeMIT de Boiro mostra á cidadanía como como tirar proveito das principais ferramentas tecnolóxicas

14 Outubro 2021

A aula CeMIT do Concello de Boiro abriu o prazo de inscrición para os cursos do mes de novembro, que inclúen formación presencial no Centro Social de Boiro e tamén oferta formativa en liña, segundo informou o Concello, que tamén engade que toda a información sobre os cursos e sobre as inscricións podémolas atopar na propia aula CeMIT ou, tamén, mediante enderezo electrónico ou o teléfono.

A oferta formativa para o mes de novembro inclúe cursos presenciais como son Retoque de fotos con GIMP, que se vai impartir os días 2, 3 e 4 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; Administración e destrezas, do 8 ao 11 en horario de 10.00 a 12.00 horas; Formación sobre a nube de Google, os días 15, 16 e 17 de 10.00 a 12.00 horas; e Deseño gráfico con Inkscape, entre o 22 e o 25 de outubro de 10.00 a 12.00 horas.

A formación online contempla os cursos de Introdución a WordPress, que se vai impartir ente as 10.00 e as 12.00 horas do día 8 ao 11 de novembro; e Creación de tendas web, no mesmo horario, do día 15 ao 18 de novembro.

A capacidade dos cursos é limitada e as inscricións poden facerse como dixemos na aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro; a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org; o teléfono 981 84 26 35 ou o Whatsapp 629 769 139.

Outros artigos

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...