A Asociación Antonio Gandoy e o Concello activan en Rianxo o programa Espazo Familias

11 Outubro 2021

Co inicio do novo curso, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy e o Concello de Rianxo poñen a disposición dos fogares con crianzas menores de 6 anos un espazo onde compartir experiencias e inquedanzas: o programa Espazo Familias.

A dita asociación é unha entidade sen ánimo de lucro de recente creación que, conformada por persoas ex-traballadoras da extinguida Fundación Preescolar na Casa, ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á tarefa socioeducativa desenvolta por Preescolar na Casa. Nesta liña, ofrece ás ofrece ás familias a posibilidade de intercambiar coñecementos e ideas con outros fogares, e cun profesional da educación, co obxectivo “de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas”.

Estes Espazos das Familias, que terán presenza e actividade en Rianxo, teñen como fin “achegar un lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas; coñezan actividades que permitan afrontar unha maternidade e paternidade responsábel e gozosa, que contribúa ó mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas e, por extensión, da sociedade futura; e favorezan que nenas e nenos se atopen con outros da mesma ou parecida idade e cos adultos”.

A iniciativa incluirá xuntanzas cada semana para compartir dúbidas e experiencias, facendo actividades axeitadas a cada idade. Para coñecer máis polo miúdo o programa, farase unha primeira reunión de traballo o martes 19 de outubro de 2021 ás 10.30 horas. Será no Auditorio de Rianxo. A inscrición pode facerse nos teléfonos 627 542 532 ou 607 804 823.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...