Xa está aberta a inscrición para o terceiro curso do IV Ciclo da USC en Ribeira

02 Setembro 2021

A colaboración entre a Universidade de Santiago e o Concello de Ribeira vén de dar un novo paso, e faino co terceiro curso da sede do IV Ciclo da USC, que ten aberto o prazo extraordinario de matrícula até o 10 de setembro. Segundo informa o Concello, todas as persoas maiores de 50 anos que o desexen poden formalizar a súa matrícula na páxina web da Universidade de Santiago.

O Goberno de Ribeira engade que a formación universitaria a partir dos 50 anos é posíbel na localidade grazas ao convenio asinado en 2019 entre a USC e o Concello de Ribeira. A creación dunha sede universitaria do IV Ciclo dirixida a persoas maiores de 50 anos, promove a formación continua, a democratización dos estudos universitarios…, en definitiva a universalización da formación universitaria trasladándoa da capital de Galicia á cabeceira da comarca do Barbanza.

Este curso 2021-2022 a oferta formativa na sede de Ribeira do IV Ciclo da USC é a seguinte:

1º cuadrimestre: Nutrición; Patrimonio Bibliográfico; Aprendizaxe Emocional e Benestar

2º cuadrimestre: Introdución á Zooloxía; Psicoloxía; Historia da Arte Galicia.

As docentes de Nutrición son Nuria García Couceiro e Lucía Ordóñez Mayán; os de Patrimonio Bibliográfico e Documental, Arturo Iglesias Ortega e Xosé M. Sánchez Sánchez; as de Aprendizaxe Emocional e Benestar, Mª del Carmen Gutiérrez Moar e Pilar Riveiro López; o de Introdución á Zooloxía será Javier Iglesias Piñeiro; o de Psicoloxía, Onésimo Juncos Rabadán; e a de Historia da Arte de Galicia, Mª Dolores Barral Rivadulla.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.