Un Camiño de historias no Concello de Dodro

15 Setembro 2021

Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Os vindeiros días 16 e 17 de setembro durante toda a xornada, a Asociación Galega Cultura e Desenvolvemento Rural, estará no Concello de Drodo, A Coruña, recollendo as testemuñas dos peregrinos e peregrinas que marchan ao seu paso pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla cara a Santiago de Compostela.
UN CAMIÑO DE HISTORIAS é unha iniciativa que trata de recuperar a historia das peregrinacións a Santiago de Compostela por medio da fotografía e das testemuñas dos primeiros aventureiros e aventureiras, expertos do camiño, para comparalas coa visión das peregrinas e peregrinos, e poboación local actuais.
Nesta segunda edición queremos ampliar o alcance do proxecto, aproveitando o know how adquirido na primeira fase, para investigar o impacto social, cultural e económico dos Camiños de Santiago no rural galego, recollendo as testemuñas da poboación local e peregrina e favorecendo o diálogo e o intercambio entre ambas. Con este diálogo analizamos as necesidades actuais e promovemos a reflexión crítica e a sensibilización sobre as novas opcións de desenvolvemento económico que propician as rutas de peregrinación no rural galego.
Proxecto promovido pola Asociación Galega de Cultura e Desenvolvemento Rural, coa colaboración de Phottic, e financiado pola Axencia Galega de Turismo dentro do programa de axudas para a dinamización do Xacobeo 2021 para os anos 2019 e 2020.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.