Suma Ribeira presenta unha iniciativa para garantir o cumprimento dos acordos plenarios

24 Setembro 2021

A agrupación Suma Ribeira anunciou que vai defender no vindeiro pleno ordinario da Corporación local unha iniciativa para activar “medidas que garantan a transparencia sobre as actuacións levadas a cabo polo equipo de Goberno para o debido cumprimento dos acordos plenarios”.

Xurxo Ferrón, voceiro de Suma Ribeira

Suma Ribeira, a través do seu voceiro, Xurxo Ferrón, vén de rexistrar esta iniciativa toda mostrando seu convencemento na importancia das proposicións ao pleno para contribuír a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, “polo que o seu grao de cumprimento ou incumprimento é indicativo da saúde democrática do Goberno e, por extensión, de toda a Corporación municipal, sobre todo en casos nos que o Goberno no está amparado pola maioría, pois pode entenderse que o resto dos grupos son cómplices da desidia do equipo do rexedor”, explica.

A agrupación recoñece a súa preocupación polo que considera “unha demora nas respostas escritas dirixidas ao alcalde para responder persoalmente ou en sesión plenaria” e cualifica de “especialmente reprobábel que coincida o incumprimento dun acordo máis a falla de resposta en tempo razoábel e legal a unha pregunta rexistrada por un concelleiro/a”. E engaden: “Transcorrido máis do sesenta por cento do mandato desta Corporación, en Suma Ribeira temos o convencemento de que debe suspender sen paliativos a actuación do alcalde e equipo de Goberno, tanto no referente ao grao de cumprimento dos acordos plenarios como no que atinxe ao nivel de resposta as preguntas formuladas”.

A través de proposición que defenderán no próximo pleno, piden o seguinte:

1. “Que todas as integrantes da Corporación municipal sexan informadas puntualmente das actuacións levadas a cabo pola alcaldía e equipo de goberno para o cumprimento dos acordos plenarios”.

2. “Que no prazo máximo de tres meses nun apartado da web municipal, en lugar preferente, figure información facilmente accesíbel sobre: mocións presentadas polos distintos grupos municipais e enlace de acceso ao vídeo sobre o debate no pleno da mesma; resultado das votacións sobre as proposicións e o voto dos concelleiros e concelleiras agrupados por grupos políticos; grao de cumprimento actualizado das proposicións aprobadas, explicando as xestións e actuacións realizadas; e no caso de haber proposicións nas que non se realizaron avances no seu cumprimento deberán xustificarse as razóns técnicas, xurídicas ou políticas que motivaron a falla de avance na súa execución”.

3.- “Que por parte da alcaldía e equipo de Goberno, se proceda a responder por escrito dilixentemente as preguntas rexistradas polas concelleiras para así ser contestadas. En todo caso, as respostas escritas non se demorarán máis dun mes, e, de non ser posíbel por razóns que o xustifiquen, procederase a notificarlle estas razóns á solicitante dentro do prazo citado”.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...