Rematada a mellora do firme da estrada en Rianxiño e Barral

17 Setembro 2021

O Concello de Rianxo informou do remate dos traballos para a mellora do firme da estrada entre Rianxiño e Barral, executada con cargo o Plan de Mellora de Camiños Rurais PEIM 2021-2022. Para a súa execución, contouse cunha axuda do AGADER da Xunta de Galicia de 34.329 euros para completar o custe total de 41.538 con achega do Concello da cantidade restante, entre outros gastos. As actuacións deste programa van dirixidos a pistas rurais que transcorren por zonas con aproveitamentos agrícolas, de aí que non atravesen núcleos na súa intervención.

A encargada de executar a actuación de aglomerado foi a empresa Nosa, que actuou sobre unha lonxitude total de 850 metros para un ancho duns catro metros de media.

O Concello engadiu que en datas vindeiras sairán outras licitacións que atinxirán unha vía nas Barreiras-Taragoña e a outra en Rial-Leiro. Os amaños destas estradas forman parte do Plan único da Deputación da Coruña e para a presentación de ofertas penduraranse os proxectos e as bases de licitación na web municipal, na sección do perfil do contratante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.