Remata en Boiro a formación de inglés nivel medio para as participantes do programa de emprego local

21 Setembro 2021

O Concello de Boiro informou do remate do curso de Inglés Nivel Medio do Programa Integrado de Emprego (PIE) municipal destinado á poboación feminina local: unha actividade de 45 horas de duración cuxo obxectivo foi que as participantes puidesen adquirir coñecementos para entender e formar expresións complexas e comunicarse en lingua inglesa con maior confianza.

Esta formación forma parte do módulo no sector hostalería, ao abeiro do cal realizáronse actividades formativas nos seguintes ámbitos temáticos: Recepción de Aloxamentos e Limpeza de Establecementos Turísticos. A estas actividades súmanse as formacións de Técnicas de Venda e Atención ao Cliente e Follas de Cálculo e Bases de Datos.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro está dirixido exclusivamente a mulleres e combina a formación online e presencial, fomentando a conciliación familiar e laboral das participantes. O Programa Integrado de Emprego está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...