Portos lembra a necesidade de subscribir un seguro que permita practicar a pesca deportiva coa máxima seguridade

16 Setembro 2021

A Xunta de Galicia lembra que a Administración autonómica, como titular da rede de portos autonómicos, ten a responsabilidade de advertir e minimizar os riscos que se poidan derivar de todas as actividades que se desenvolven en zonas portuaria e, polo tanto, da pesca de recreo en superficie que se vén de autorizar mediante resolución de Portos de Galicia que levanta unha prohibición estatal vixente desde os anos 70.

Como responsable subsidiario ante un posible accidente que poida afectar á integridade das persoas que se atopan en terreo portuario ou ás instalacións de titularidade da Xunta, Portos de Galicia esixe na autorización da pesca recreativa que vén de publicar, a formalización dun seguro por parte dos pescadores. Esta póliza deberá responder aos danos a terceiros ou posibles danos ao titular da mesma, cuxa cobertura queda así garantida, como é obriga da Administración pública.

Ante as manifestacións de rexeitamento desta esixencia, que argumentan que non se teñen avaliado os riscos da actividade da pesca deportiva, a Xunta lembra que lamentablemente nos últimos meses seis persoas perderon a vida nos portos galegos e outras resultaron feridas de gravidade mentres realizaban esta e outras actividades non vencelladas coa operativa portuaria. Así mesmo, Portos de Galicia ten constancia de diversos danos ocasionados en distintos portos durante a franxa nocturna na que se practica a pesca de recreo. Ante ditos riscos constatados, o ente público considera imprescindible a formalización dun seguro para o desenvolvemento desta actividade.
O organismo dependente da Consellería do Mar lembra o importante paso que supón a publicación da resolución de Portos de Galicia sobre a pesca recreativa nos peiraos autonómicos pois autoriza e dá cobertura a esta práctica en 107 dos 122 portos galegos poñendo fin á prohibición que estaba vixente desde os anos 70.

Por este motivo, a Xunta apela á responsabilidade de todas as partes implicadas e lembra que a resolución publicada por Portos de Galicia sobre esta actividade é froito do acordo acadado coas entidades representativas da pesca de lecer tras arredor dunha decena de reunións mantidas nos últimos meses.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...