Os socialistas de Ribeira piden anchear e mellorar o camiño de Viñanova que desemboca no Museo do Gravado de Artes

15 Setembro 2021

O PSOE de Ribeira vén de presentar unha proposta relativa ao camiño de Viñanova, en Artes, que conduce dende a CP-7302 ata o Museo do Gravado e que presenta na actualidade, segundo indica o grupo socialista local, “dificultades na circulación rodada”. Isto, engaden, débese sobre todo a que se trata dunha vía moi estreita e a que a capa de rodaxe asfáltica está moi gastada.

Esta estrada pública, ampliada e mellorada, sería “unha posíbel vía alternativa de acceso ou de saída do Museo do Gravado de Artes, co fin de evitar aglomeracións e posíbeis incidentes no seu entorno, os días de visita e inauguración de exposicións de pintura ou de gravados; así como para o xeriátrico local e para a veciñanza en xeral”, engaden os socialistas na súa proposición, facendo saber que na actualidade está pendente de execución a actuación consistente no pavimentado e no subministro de rede de pluviais dende a igrexa parroquial de Artes até o museo, con cargo ao plan complementario 2021. “Neste proxecto”, explica o PSOE, “botamos en falla unha actuación sobre o cableado eléctrico aéreo para poñelo subterráneo; así como a implantación de farois de estilo antigo, similares aos colocados no entorno da Igrexa”. Neste punto, os socialistas engaden que o proxecto podería contar coa colaboración da Comunidade de Montes en man Común de Artes, que manifestouu a súa disposición a facelo.

O tramo de Camiño Público obxecto de actuación ten unha lonxitude total duns 300 metros, e abrangue dende o lugar do Casal ata a estrada provincial ao Vilar. Amais, está delimitado por muros de pedra e valos naturais. No lugar do Casal, discorre o regato de auga das Bouciñas.

En virtude de todo o devandito, os socialistas piden o seguinte:

1.- Que se proceda a realizar un proxecto de ampliación do camiño público da Viñanova, contemplando o paso sobre o regato lindeiro, a canalización das augas pluviais e a pavimentación oportuna.

2.- Que se proceda a rozar as especies vexetais que invaden o camiño, así como a limpeza da vía actual.

3.- Que se fagan as xestións oportunas cos veciños titulares das fincas anexas ao camiño, “facéndolles ver o beneficio social e veciñal da obra, de cara a facer a cesión de terreos a uso e dominio público”.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.