O Rotogal Boiro Voleibol finaliza en cuarta posición na Copa Galicia

26 Setembro 2021

O Rotogal Boiro Voleibol acabou cuarto na Copa Galicia, torneo celebrado hoxe en San Sadurniño. O conxunto de Marcelo “Chinés” Benavídez perdeu o partido pola terceira praza contra o Dumbría (2-3), idéntico resultado ao cultivado unhas horas antes na semifinal contra o equipo anfitrión.
O partido matinal contra o San Sadurniño estivo marcado pola igualdade. O Rotogal Boiro Voleibol cedeu a primeira manga, pero remontou e mesmo tivo a opción de inclinar a balanza ao seu favor no cuarto parcial. Con todo, o conxunto visitante non rematou a faena e os locais aproveitaron a ocasión para equilibrar o marcador.
O quinto set estivo marcado por un parón de case corenta minutos no xogo que arrefriou a ambos os conxuntos. A pesar de que o Rotogal Boiro Voleibol empezara mellor, o San Sadurniño remontou para coarse na final.
Rotacións
Dúas horas despois de acabar as semifinais, o Rotogal Boiro Voleibol volveu saltar á cancha para medirse co Dumbría. Marcelo “Chinés” Benavídez apostou por unha aliñación de xuvenís para enfrontarse a un rival que milita na Superliga 2. O Rotogal deu unha boa imaxe, pero volveu ceder o partido no quinto set.
José Carlos Romero, oposto cubano que se incorporou antonte ao Rotogal Boiro Voleibol, debutou hoxe co equipo de Marcelo Benavídez. O técnico optou por dosificar aos seus xogadores debido á alta carga de traballo acumulada durante as semanas de pretemporada.

Rotogal Boiro Voleibol, 2: Ismael Martínez, Mateo Fajardo, Alan Davila, Carlos García, Antón
Ordóñez, Jose García y Alberto Tubío (líbero).
Dumbría, 3.
Sets: 0-1 (21-25), 1-1 (25-17), 1-2 (23-25), 2-2 (25-23) y 2-3 (9-15).
Árbitro: Laura Olveira.
Incidencias: Partido por el tercer puesto de la Copa Galicia disputada en el Pabellón de San
Sadurniño

San Sadurniño, 3: Michael Keegan, Leonardo Pinheiro, Marcos Blanco, Fran Fernández, Boris
Rodríguez, José Verdi y Marcos Piñón (líbero). También jugó Marcus Vinicius.
Rotogal Boiro Voleibol, 2: Gaspar Bitar, José Carlos Romero, Gaby del Carmen, Pablo Nieto, Renan
Levandoski, Mario Iglesias y Adrián Alves (líbero). También jugaron Ismael Martínez y Cristóbal
Álvarez.
Sets: 1-0 (25-14), 1-1 (23-25), 1-2 (22-25), 2-2 (27-25) y 3-2 (16-14).
Árbitro: Laura Olveira.
Incidencias: Semifinal de la Copa Galicia disputada en el Pabellón de San Sadurniño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.