O alcalde de Ribeira trasladou a Monbus as queixas polas carencias do transporte público

24 Setembro 2021

O alcalde de Ribeira mantivo unha conversación esta mañá con responsables da empresa Monbus á raíz das incidencias que distintos usuarios do servizo de transporte puxeron en coñecemento do Concello nas últimas semanas: incidencias que gardan relación na súa maior parte co que consideran eivas no funcionamento dalgunhas das frecuencias que operan no noso termo municipal (como retrasos e outras), especialmente na súa zona norte.

Ambas partes conmináronse a unha nova reunión presencial na que analizar a problemática existente e buscar as solucións máis atinadas.

Transporte universitario

Ademais, outra das cuestións que o alcalde puxo sobre a mesa son os transportes universitarios, respecto dos cales o Concello solicitou dúas frecuencias diarias de ida e volta de luns a venres a Santiago de Compostela e está negociando tamén a posibilidade de estender o servizo ao domingo.

Dende o Concello quérese agradecer a boa predisposición mostrada pola compañía á hora de atopar solucións que redunden na mellor prestación do servizo.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.