O alcalde de ribeira resalta a transcendencia de sacar adiante uns orzamentos históricos

11 Setembro 2021

“Os presupostos permiten incorporar créditos que doutra forma non se poderían incorporar”. Con esta frase sintetizou esta mañá o alcalde Manuel Ruiz a transcendencia que para Ribeira ten que saia adiante a aprobación do Orzamento Municipal de 2021, e máis nun momento excepcional poscovid no que o Goberno do Estado brinda a posibilidade de poder saltarse a tan criticada regra de gasto e dar aplicación a un documento que alcanza unha cifra histórica:
36.415.804 euros (un 49,48% que no exercicio anterior), a cal, unida á EDUSI e a incorporación de remanentes, proporciona un orzamento consolidado de 53,8 millóns de euros.
Os custes derivados da expropiación de terreos, redacción do proxecto e urbanización do polígono industrial (máis de 9 millóns de euros en total), o módulo cuberto de atletismo, o centro de deportes náuticos ou a nova biblioteca son algunhas das partidas incorporadas nun capítulo de investimentos que ascende a 14.758.709 euros; en tanto que a través dun expediente de crédito extraordinario se pretenden costear tamén outras iniciativas como un programa de
embelecemento e humanización de espazos públicos, un espazo urbano deportivo xuvenil na zona do Touro (con skate e parkour), a nova sede da aula de ballet ou o cofinanciamento da envolvente do conservatorio.
Sendo o capítulo de investimentos o máis importante, o alcalde tamén resaltou que contar cun novo orzamento permitirá melloras noutros capítulos que non se poderían dar cuns orzamentos prorrogados. Por exemplo, sacando a contratación as vacantes existentes en persoal (entre elas, 6 novos axentes de policía e un arquitecto técnico para as
Áreas de Rehabilitación Integral), creando un novo obradoiro de emprego, aumentando o horario do persoal docente do Conservatorio ou elevando o número de horas de atención a dependentes no domicilio.
Gasto Social
Manuel Ruiz salientou que o gasto social increméntase un 18% (140.000 euros) mentres que o correspondente á Escola Infantil Municipal aumenta un 40% para poder cumprir as novas normas da Xunta e posibilitar a gratuitade do segundo fillo. Policía Local, Deportes, CIM, Comercio ou Turismo son outros apartados que tamén ven incrementadas as súas partidas.
Ademais a través do documento quérense poñer en marcha novidosos plans como o de Ribeira Sostible (coa colocación de paneis solares en edificios municipais), a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, a reforestación de 51 hectáreas no entorno do Castro da Cidá, o Plan de Embelecemento Urbano e Accesibilidade, a renovación da franxa marítima de Aguiño (porto e rúa Castelao), a creación dun museo do mar ou un plan de
mantemento de rúas, beirarrúas e demais patrimonio municipal por 600.000 euros.
Durante a súa intervención, Ruiz Rivas recordou que o ano pasado todos os grupos municipais con excepción do PBBI chegaron a un gran acordo para aprobar os orzamentos do 2020 e lamentou que desta vez só un partido da oposición quixera falar co goberno e facer propostas. “Eu sigo tendendo a man e volvo a chamar ao diálogo construtivo”, afirmou o rexedor.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...