Licitada a redacción dos proxectos de expropiación e urbanización do novo polígono de Ribeira

15 Setembro 2021

O proxecto do novo polígono industrial de Ribeira vén de recibir un impulso decisivo no seu proceso de materialización. Segundo confirmou o Concello, licitouse a redacción dos proxectos de expropiación e de urbanización do mesmo, así como dos servizo de arqueoloxía: tres accións que suman un total de 249.260 euros, IVE incluído.

Planos do novo polígono nunha captura achegada por El Correo Gallego

Esta contratación, engade o Concello, está dividida en tres lotes, de tal xeito que para o proxecto de expropiación prevese un prezo de licitación de 48.400 euros; para o servizo de arqueoloxía de 27.930 euros; e para o proxecto de urbanización de 173.030 euros.

A do proxecto de expropiación efectuarana persoas facultativas coa correspondente titulación universitaria. Para tal efecto, a lo menos un membro do equipo técnico deberá ser persoa técnica coa titulación de arquitectura ou enxeñería de camiños canles e portos. As valoracións do solo, edificacións, instalacións e plantacións realizaranse por persoal técnico con habilitación legal suficiente.

Polo que se refire ao servizo de arqueoloxía, está diferenciado en dúas etapas: por unha parte as sondaxes arqueolóxicas (un total de 64 catas e 64 gabias mecánicas) e por outra o control arqueolóxico durante a execución das obras de urbanización.

En canto ao proxecto de urbanización, nel definiranse polo menos a execución das seguintes obras:

• Execución ou acondicionamento das vías públicas, rede peonil, estacionamentos e espazos libres públicos, incluída a explanación e pavimentado de calzadas, construción e encintado de beirarrúas e movementos de terras.

• Abastecemento de auga, incluída a súa captación, depósito, tratamento e distribución, así como as instalacións de rega e os hidrantes contra incendios.

• Saneamento, incluídas as conducións e colectores de evacuación, os sumidoiros para a recollida de augas pluviais e as instalacións de depuración.

• Subministro de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación pública.

• Infraestruturas comúns telefónicas e de telecomunicacións.

• Canalización e instalación das redes de gas e dos demais servizos esixidos en cada caso polo plan.

• Xardinaría dos espazos libres públicos, incluída a plantación de árbores e de especies vexetais preferentemente sustentables e a instalación de elementos de xogo infantís.

• Sinalización.

• Mobiliario urbano.

• Previsión de espazo para a implantación das infraestruturas de transporte público que se requiran para unha mobilidade sustentable.

• Demolición dos elementos existentes incompatíbeis coa folla de ruta marcada.

• Enlace dos servizos urbanísticos cos sistemas xerais e acreditar que teñen capacidade suficiente para atendelos.

• Previsión e valoración das correspondentes obras de desvío ou reposición e incluso a súa posíbel utilización como puntos de novas acometidas.

Os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para poder presentar as súas ofertas, téndoo que facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

O polígono estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira, e contará cunha superficie de 258.685 metros cadrados.

O Concello lembra que o capítulo de investimentos do orzamento municipal que será sometido á aprobación do pleno o vindeiro luns recolle diversas consignacións relacionadas co novo polígono, entre eles 1.200.000 euros para a expropiación de terreos e 7.992.648,32 euros para a construción e urbanización do mesmo.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.