En Ribeira identificados tres homes pola agresión a un mozo

27 Setembro 2021

Axentes da Policía Nacional identificaron a tres homes pola agresión a un mozo en Ribeira, na madrugada do sábado ao domingo

Polo momento aínda non se produciron detencións en relación aos golpes que, presuntamente, recibiría o mozo por parte dos identificados, uns feitos que se produciron de madrugada no exterior dun local de lecer nocturno no barrio ribeirense de bandourrío, tal como informamos en obarbanza.gal.
Desde a Policía Nacional, ratificaron que se descoñece por agora a causa que orixinou a agresión ao mozo, que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico de Santiago debido ás lesións sufridas.

A Policia mantén a investigación aberta e a familia da vítima presentou xa denuncia en relación ao ocorrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.