Bandourrío escenario dunha malleira a un mozo

26 Setembro 2021

Un mozo de 19 anos veciño de Ribeira tivo que ser levado esta pasada madrugada ao Clínico de Santiago despois de recibir unha malleira no barrio de Bandourrío.

O mozo que estaba na porta dun pub recibiu un golpe na parte posterior da cabeza e tras darse a volta e dirixirse ao mozo que presuntamente o golpeou, e supostamente sen practicamente mediar palabra este propinoulle unha puñada na cara. Aínda que o agredido se defendeu, na pelexa entraron outros dous ou tres novos máis, que seguiron golpeándoo na cara ata tiralo ao chan e propinarlle varias patadas no rostro.
Ata o lugar acudiu unha ambulancia que trasladou ao mozo ao hospital de Barbanza, para ser finalmente derivado ao Clínico de Santiago debido ao estado en que se atopaba.

O mozo terá que ser operado do nariz xa que resultou fracturada despois dos golpes sufridos. A familia do agredido denunciou os feitos na comisaría da Policía Nacional.

Comisaria de Ribeira

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...