Este sábado a comarca reivindica os mares limpos cunha gran xornada de recollida de plásticos en Aguieira

03 Setembro 2021

Este sábado 4 de setembro toca baixar á praia a prol do medio ambiente. Concretamente á praia de Aguieira, en Porto do Son, onde está prevista unha Xornada de Concienciación Ambiental que contará coa presenza activa do deportista olímpico local Iago López Marra e da tamén olímpica Kahena Kunze (regatista brasileira). A xornada vén da man da Concellería de Medio Ambiente de Porto do Son, en colaboración coa Real Club Náutico de Portosín, a Confraría de Portosín e máis a Escola de Surf As Dunas.

Na presentación participaron os devanditos deportistas e máis o concelleiro de Medio Ambiente, Manel Deán, e o patrón maior de Portosín, Isaac Gaciño. O edil lembrou que a participación de López Marra en accións ambientais xa vén de lonxe e tense materializado en xeiras de traballo (centradas sobre todo en recoller plásticos e outros refugallos) na praia de Coira, en Portosín. O concelleiro engadiu que a presenza destes dous campións olímpicos vai contribuír a visualizar a importancia de coidar o noso medio mariño e as nosas praias.

A xornada enmárcase na campaña Infinitamente Natural, iniciada co arrinque do verán.

Iago López Marra explicou “temos a gran sorte de viaxar por todo o mundo e ver a cantidade de lixo que se deposita en terra que ao final acaba no mar. É un tema que nos preocupa moito, porque o mundo que temos é un e non hai máis opcións. Estamos moi comprometidos con iso e tratamos de facer ver ás novas xeracións que o importante está por vir e que temos que coidar o medio ambiente e tratar de utilizar menos, que é o gran problema hoxe en día”.

As persoas que queiran participar na xornada deberán acudir o sábado ás 11.00 horas á praia de Aguieir, a carón do chiringuito (punto de encontro). Ao fío das 13.00 horas procederase á clasificación do lixo, en colaboración con Protección Civil de Porto do Son.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Unha recreación virtual do Castro de Baroña, premiada pola UDC

Contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega no eido universitario, promovendo a súa presenza nos proxectos académicos e recoñecendo traballos que poñen en valor a cultura, o patrimonio e a realidade social de Galicia é o obxectivo dos premios aos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.