En Ribeira sofocado un incendio nunha vivenda abandonada na rúa Mariño de Rivera

08 Setembro 2021

Dende o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) de Ribeira informan de que esta tarde foi sofocado un incendio dunha vivenda en aparente estado de abandono na rúa Mariño de Rivera da cidade, indo en dirección ao parque periurbano de San Roque.
A alerta prodúxose en torno ás catro e media e ata o lugar do lume acudiron GAEM, Bombeiros de Ribeira e Policía Local. Tamén foi mobilizada unha ambulancia do 061 por se houbese algunha vítima.
Afortunadamente, os danos foron unicamente materiais, ardendo diversos elementos como mobles, roupa e outros enseres.
Os traballos de extinción estendéronse ata as seis da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.