En Ribeira en marcha a nova residencia de maiores

30 Setembro 2021

Redactado o convenio de cesión de Hesta Kurva, que irá ao próximo pleno.

Antiga discoteca Hesta Kurva, onde irá a nova Residencia de Maiores. C.R.

Concello de Ribeira e Consellería de Política Social seguen dando pasos cara a creación dun novo Centro Residencia de Persoas Maiores na ubicación da antiga discoteca Hesta Kurva pois xa está redactado o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a cesión á Xunta destes terreos de titularidade municipal.
De feito, a aprobación deste convenio foi levada ao pasado pleno do luns como proposición de urxencia e dado que este punto da orde do día non se alcanzou volverá á próxima sesión plenaria.
Segundo os termos do acordo, a cesión dos terreos será a título gratuíto. A Consellería de Política Social comprométese á construción dunha residencia para maiores unha vez aceptada esta cesión e adscritos os terreos. O convenio entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura e estará vixente en tanto en canto subsistan as circunstancias que o motivaron.
Sen menoscabo de que outras localidades da comarca poidan albergar instalacións semellantes, a de Ribeira será a primeira residencia do novo modelo de coidados que se implantará en Galicia no ánimo de prestar servizo a todo o territorio autonómico: un proxecto cen por cen público que contará cun orzamento duns 10 millóns de euros e será financiado con fondos europeos tal e como anunciou o presidente da Xunta durante a súa visita en agosto ao
Museo do Gravado de Artes.
Contará cun máximo de 100 prazas e unha estrutura adaptada ao novo modelo, máis centrada na persoa, accesible e con maior intimidade grazas ás habitacións individuais e os baños adaptados.
Segundo os prazos manexados espérase que xa esté en construción no 2022.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...