Boiro atópase, dende o pasado sábado no nivel medio-baixo de restricións

06 Setembro 2021

O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova sesión da Comisión de Seguimento e Evolución da Covid-19, unha xuntanza que se realiza de xeiton semanal para coñecer a evolución da pandemia no municipio e determinar medidas específicas para o control da situación epidemiolóxica e que non sigan aumentando o número de contaxios.
Boiro atópase, dende o pasado sábado no nivel medio-baixo de estricións decretado polas autoridades sanitarias. A hostalaría pode abrir non municipio ata as 01.00 horas, cunha capacidade máxima do 75% en interior e un 100% nas terrazas. Os establecementos de ocio nocturno poden abrir ata as 03.00 horas e cunha capacidade máxima do 50% en interior e un 100% nas terrazas.
O departamento de servicios sociais continúa coordinando coas entidades sociais do municipio e o servizo municipal de Protección Civil, calquera tipo de necesidade derivada da situación sanitaria como pode ser asistencia a familias confinadas por positivo para a recollida de lixo ou a entrega de alimentos e outros bens de primeira necesidade.
A Policía Local intensifica a vixilancia en horario nocturno e durante a fin de semana para evitar que se produzan aglomeracións de persoas non convivintes e fora do horario establecido, así como que se cumpran medidas determinadas hixiénico-sanitarias.

Outros artigos

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.