As rías galegas sofren 265 verteduras contaminantes, coas de Muros-Noia e Arousa na peor situación

28 Setembro 2021

As rías galegas padecen 265 verteduras contaminantes na actualidade, dos cales 243 non cumpren os límites e 22 están en investigación.

Segundo datos actualizados da Xunta, das 1.648 verteduras detectados en Galicia ao 28 de setembro de 2021, hai 790 dentro dos límites, 593 que xa foron emendados e 265 contaminantes.

A ría de Muros-Noia é a que padece o maior número de verteduras en Galicia (63 contaminantes e seis en investigación), seguida pola Arousa (53 contaminantes e 12 en investigación).

 Xunta subliña a necesidade de mellorar o saneamento e a depuración das augas para atallar os case 270 vertidos contaminantes que aínda soportan as rías galegas.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, abordou hoxe nun encontro informativo o contido do anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga.
Vázquez Mourelle explicou que case a metade das depuradoras xestionadas polos concellos teñen deficiencias no seu funcionamento, o que supón vertidos ao medio, prexudicando a calidade das augas, a saúde pública o medio ambiente e a actividade económica.
Destacou o traballo inxente que vén realizando Augas de Galicia, pois os puntos clasificados como contaminantes diminuíron en 2020, representando só un 16% dos identificados, fronte ao 40% de 2010.
Non obstante, indicou que cómpre emendar eses focos contaminantes aínda existentes, para o que a futura lei será unha ferramenta útil e eficaz.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...