Ambar contará con dúas prazas máis para o seu centro ocupacional

28 Setembro 2021

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional recibiu esta mañá martes, 28 de setembro ás 11:15h a visita da Conselleira de Política Social a ribeirense, Fabiola García Martínez, acompañada do Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón; e da tenente alcalde do Concello de Ribeira María José Sampedro Fernández. Para visitar os servizos da entidade e anunciar que Ambar contará con dúas prazas máis para o seu centro ocupacional.


Na xornada tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Alicia Romero, secretaria da xunta directiva e coordinadora da área administrativa de Ambar; Helena Teira; coordinadora xeral de Ambar; e Rosana Olveira, coordinadora da área de Atención Diúrna. Fabiola García destacou o papel de Ambar como “Entidade de referencia en Galicia que leva 40 anos funcionando e apoiando ás familias das persoas con diversidade funcional” e quixo felicitar a
entidade polos servizos que presta e polo recente premio ao Desenvolvemento Rural 2021 de Agader: “Un premio moi merecido que valora o incansable traballo apoiando ás persoas con diversidade funcional”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...