A tenda Baldani celebra con concertos, sorteos e agasallos os seus 20 anos de andaina

22 Setembro 2021

A tenda Baldani Concept Store, referente boirense do ámbito téxtil, da moda e da cultura xuvenil e urbana, vai celebrar neste inicio do outono a súa festa de 20 aniversario. A festa das dúas décadas de andaina de Baldani será o 2 de outubro ás 21.00 horas, na Pousada da Galiza Imaxinaria.

Haberá música en directo dende as 21.00 horas, con Julián Maeso, por unha banda, e Quique Gómez e Curro Serrano, pola outra. Tamén haberá sorteos e agasallos, incluíndose tamén no programa unha degustación de Cervexas Alhambra.

Para acudir as persoas interesadas deberán levar o seu convite.

Para máis información, cómpre visitar a redes sociais do establecemento, Instagram e Facebook.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.