A directora de Xuventude visita o Campamento Virxe do Loreto

03 Setembro 2021

A directora de Xuventude, Cristina Pichel, visitou este 3 de setembro o Campamento Xuvenil Virxe do Loreto, de Porto do Son, onde se está a desenvolver a última quenda estival de actividades. Pichel aproveitou a súa xuntanza coa mocidade participante no campamento sonense para facer balance do acadado estes meses en materia de lecer: “A campaña de verán 2021 foi todo un éxito e permitiu ofrecer á xuventude un espazo de diversión e ocio seguro con todas as garantías”, sinalou.

O campamento Natureza xunto ao mar acolleu cinco quendas ao longo do verán nas que os participantes, de entre 13 e 17 anos, puideron desfrutar de actividades acuáticas como surf, bodyboard ou kaiak. Este sábado rematarán os rapaces que pasaron a última semana nestas instalacións.

Cristina Pichel destacou que “a Xunta apostou un ano máis pola campaña de verán mellorando e incrementando a oferta de actividades para a mocidade”. Neste sentido, engadiu que “foron un total de 7800 prazas, mil máis que o ano pasado, e preto de 200 quendas en diferentes localizacións de toda a xeografía galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.