Segundo o sindicato Cig ás médicas/os do centro de saúde de Ribeira están sendo obrigadas/os a cubrir gardas do PAC a golpe de burofax.

A CIG-Saúde do Barbanza ven de denuncia que o persoal facultativo do Centro de Saúde de Ribeira é obrigado a cubrir as gardas no PAC “a golpe de burofax”. Unha situación diante da que solicitan a dimisión das persoas responsables da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, polo que consideran mala xestión dos centro de Atención Primaria.
A este respecto a área sanitaria, dixo que se tratou dunha medida puntual, empregada en casos excepcionais, unha vez esgotadas todas as opcións habituais para cubrir as baixas imprevistas.
Sanidade declara que se recorreu á obrigatoriedade, previamente comunicada telefonicamente, ante a absoluta indispoñibilidade de facultativas que puidesen realizar a garda e por razóns imperiosas de necesidade asistencial, para poder garantir a asistencia sanitaria á poboación”, explicaron as fontes sanitarias.