A Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza unha andaina solidaria en beneficio de AGAPREM

29 Setembro 2021

Por iniciativa da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, o vindeiro domingo, 3 de outubro,l terá lugar no concello a segunda edición da Andaina Solidaria en beneficio de Agaprem, Asociación Galega de familias de nenos prematuros. A presidenta da entidade organizadora, Puri Cores, xunto coa membro de AGAPREM, Sofía Pego, explicaron as características do evento, que poderá realizarse tanto de xeito presencial como virtual.
A andaina presencial constará dun percorrido de 8 quilómetros indicado para tódalas idades. Dará comezo ás 10 e media da mañá na Praza de España para continuar polo Paseo de Coroso, ata chegar á Pedra das Cabras e regresar realizando a ruta á inversa.
Cumpriranse en todo momento os protocolos covid e será obrigatorio o uso de máscara. Haberá cabida para un máximo de 200 persoas.
Os interesados poderán inscribirse o propio domingo antes de iniciar o percorrido, no teléfono 653 33 31 24 ou no mailamasdecasaderiveira@gmail.com. A iniciativa tamén está dispoñible de xeito virtual a través da web
www.deporticket.com. A inscrición estará aberta do 1 ó 31 de outubro.
A cota de é de 6 euros. Tanto Puri Cores, Como Sofía Pego, quixeron agradecer a colaboración do Concello (en especial da Concellería de Deportes), a Congalsa, ós empresarios da contorna e a Fran Romay, como un apoio incondicional.
A alcaldesa en funcións, María Sampedro, reiterou o apoio do Concello en tódalas causas solidarias e fixo especial fincapé no labor de Agaprem no acompañamento de nenos prematuros. Por último animou á veciñanza a participar nesta actividade familiar.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.