893.736 euros para a nova biblioteca de Ribeira concedidos polo IGVS

22 Setembro 2021

O Instituto Galego de Vivenda e Solo comunicou hoxe ao Concello de Ribeira a súa resolución favorable para a concesión de 893.736 euros cos que financiar a reconstrución e ampliación do edificio da rúa Galicia que irá destinado á albergar a nova Biblioteca Municipal.
Este financiamento irá con cargo ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
En virtude do convenio de colaboración que se vai subscribir, o Concello comprométese a repoñer esta cantidade en oito anualidades de 111.717,08 euros cada unha entre 2022 e 2029.
Cómpre lembrar que a rehabilitación e adecuación do inmoble destinado á nova biblioteca foi un dos catorce compromisos expresados no acordo subscrito entre o grupo de goberno e o grupo socialista para a aprobación dos orzamentos do exercicio 2021, orzamentos que veñen de recibir luz verde no pleno extraordinario do pasado luns tras o voto a destas dúas formacións.
Coñecida como “Casa Gran Sol”, o edificio adquirido polo Concello no outono pasado (por un total de 244.943 euros) sitúase moi preto do mercado municipal.
Trátase dunha construción de carácter tradicional de muros de mampostería e forzados de madeira, cuberta a dúas augas e tella cerámica sobre entramado estrutural de madeira. Cunha antigüidade superior aos oitenta anos, o edificio sostén un interese arquitectónico considerable, sobre todo a súa fachada principal.
A intención é rehabilitar o inmoble conservando a fachada principal e reformando a planta baixa e a planta alta coa fin de acadar unha nova distribución interior que permita albergar a biblioteca propiamente dita, así como salas de estudo, sala de informática e una espazo amplo de usos múltiples que posibilite a celebración de actividades culturais e de dinamización da lectura.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...