Sálvora e Cortegada destinos astronómicos “Starlight” contarán con cartas estelares

03 Agosto 2021

As cartas estelares colocadas sitúanse no alto dá Campá, na illas Cíes; na zona de Caniveliñas, en Ons; en Punta Fradiño, en Cortegada; e na aldea da illa de Sálvora.

Cartas estelares colocadas en Sálvora, Cortegada, Ons e Cíes

A Xunta de Galicia instalou grandes planisferios estelares no Parque Nacional das Illas Atlánticas para que os visitantes poidan observar e interpretar o ceo nocturno.

É unha proposta que se desenvolve nas illas de Sálvora e Cortegada, que deste xeito se consolidan como destino Starlight (A Luz das Estrelas), un selo de calidade e diferenciación internacional que acredita aos espazos de especial interese para a observación de estrelas, ao estar protexidos da contaminación lumínica e contar con instalacións adecuadas para esta práctica.
A iniciativa Starlight é unha campaña internacional en defensa da calidade dos ceos nocturnos e o dereito xeral á observación da estrelas, de aí a importancia de que a Consellería de Medio Ambiente reforce a súa aposta neste ámbito coa colocación de catro cartas estelares en cada unha das illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O obxectivo é seguir promovendo a contemplación das estrelas desde un espazo acreditado pola Unesco como destino Starlight, sendo o Parque Illas Atlánticas merecedor deste distintivo pola calidade do seu ceo e o alto grao de conservación e protección da contorna.

Desde medio Ambiente afirman que “o impulso ás actividades para fomentar o turismo astronómico forma parte das liñas estratéxicas contempladas polo órgano conservador do parque dentro da Carta Europea de Turismo Sostible, que é unha iniciativa coa que se pretende compatibilizar a oferta turística coa preservación dos valores naturais”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...