O sábado presentase a obra Patrimonio Etnográfico do Concello de Dodro

23 Agosto 2021

A Concellería de Patrimonio e Cultura de Dodro presenta o libro “Patrimonio Etnográfico do Concello de
Dodro” baseado no traballo de investigación realizado pola arqueóloga Beatriz Pereiras Magariños entre
os anos 2009 e 2011.
Esta obra ten gran valor didáctico pois grazas a un estudo riguroso da súa autora lógrase catalogar e
describir parte dos elementos patrimoniais máis significativos do municipio, entre os que se contan
hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol.
Durante anos este traballo permaneceu gardado na Casa da Cultura, logo dun cambio de goberno local
e da finalización da relación contractual entre a autora e o Concello de Dodro. A concellería de Cultura e
Patrimonio de Dodro decidiu recuperalo e publicalo grazas á Deputación da Coruña co obxecto de
visibilizar e dar a coñecer a toda a comunidade a riqueza e valor do patrimonio cultural material do
municipio.
O acto de presentación do libro terá lugar o vindeiro sábado 28 de agosto, ás 12.00 horas, na Eira de
Traxeito e nel intervirán a autora, Beatriz Pereiras Magariños, o escritor, Manuel Lorenzo Baleirón e o
concelleiro de Cultura e Patrimonio de Dodro, Xoán Xosé Vicente Franco. O Concello de Dodro
distribuirá entre o público asistente exemplares da obra publicada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.