O comercio de Boiro pon o remate final ás rebaixas coa campaña Stocks Fóra

25 Agosto 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) puxo en marcha está semana unha campaña de promoción comercial para os seus asociados, desta volta trátase dunha iniciativa que ten “como obxectivo liquidar os stocks dos comercios nas propias tendas”. A campaña, que se desenvolve baixo o nome de Stocks Fóra Boiro, celebrarase o xoves 26, venres 27, sábado 28, e luns 30 de agosto.

Os comercios, durante estas datas, terán sinalizados os produtos que se porán á venta a prezos de liquidación cos carteis elaborados especificamente para esta campaña (para que o cliente identifique claramente os artigos).

Con esta iniciativa, a ABE pon o punto e final ás rebaixas de verán. “A través dela”, explica a patronal, “os clientes poderán adquirir produtos a prezos súper rebaixados no remate final da campaña ademais de poder ver xa nas tendas o adianto da tempada comercial de outono”.

Stocks Fóra Boiro coincide tamén cos últimos días da campaña Quincenas Fantásticas que leva en marcha dende o 1 de xullo e na cal as e os clientes poden rexistrarse ata o 31 de agosto a través da web www.abe.gal os seus tíckets ou facturas de compra de calquera das 200 empresas asociadas á ABE (son válidos os tíckets de compras realizadas entre o 01 de xullo e o 31 de agosto). O sorteo dos últimos 500€, en total foron 2000€, realizarase o próximo mércores 1 de setembro.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.