O afundimento do Santa Isabel foi relatado á rapazada de Ribeira nunha visita teatralizada

09 Agosto 2021

O pasado venres 6 de agosto iniciáronse na Sala Museo Municipal de Ribeira as visitas teatralizadas para grupos infantís á exposición que recorda o centenario do naufraxio do Santa Isabel nas costas da illa de Sálvora.

O grupo de nenas e nenos que participou nesta primeira experiencia tivo o privilexio de escoitar o relato do afundimento en “primeira persoa”, de boca dunha das mulleres que na noite de traxedia (o 2 de xaneiro de 1921) tivo o coraxe e a afouteza de botarse ao mar, para tentar rescatar á meirande cantidade posíbel de náufragos. Esta primeira visita foi protagonizada por unha guía cultural ataviada de Cipriana, unha das integrantes do grupo das heroínas de Sálvora. As visitas van continuar esta semana os día 10 e 12 en horario de 10:15 a 13:15 e tamén para a semana próxima.

Visitas abertas

Para o día 13 e 20 de agosto están programadas as visitas teatralizadas abertas e gratuítas ó público xeral previa solicitude no enderezo electrónico: museo@ribeira.gal ben telefonicamente no 981 873 595. Segue aberto o prazo de inscrición. Xa quedan poucas prazas.

Estas actividades completaranse os días 17 e 19 de agosto con dúas viaxes en barco á Illa de Sálvora por parte dos grupos participantes para así completar a visión da exposición.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...