Inscricións no Servizo de Orientación Laboral de Ribeira para os itinerarios PEL Emprego Sustentábel da Deputación

02 Agosto 2021

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local (PEL), oferta novas formacións encadradas ao abeiro dos itinerarios PEL emprego Sustentábel (fase 2021) dirixidos a persoas en situación de vulnerabilidade.

Os cursos están asociados a certificados de profesionalidade nivel 2 e 3 polo que esixen requisitos formativos de acceso.

A formación realizarase en distintas localidades da provincia da Coruña, sendo as máis próximas ao Barbanza as seguintes: Teo, Mazaricos e Ordes.

Cursos, nivel de certificado, lugares de realización e prazo de solicitude

-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Nivel 2).

Lugares de realización: Narón, Cambre e Ortigueira.

Prazo de solicitude: ata o 3 de setembro as 14:00 horas.

-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Nivel 2).

Lugares de realización: Ordes e Cee.

Prazo de solicitude: ata o 13 de agosto as 14:00 horas.

-Xestión de chamadas de teleasistencia (Nivel 2).

Lugar de realización: Arteixo.

Prazo de solicitude: ata o 3 de setembro as 14:00 horas.

-Dinamización Comunitaria (Nivel 2).

Lugares de realización: Ortigueira, Santa Comba e Ordes.

Prazo de solicitude: ata o 3 de setembro as 14:00 horas.

-Guía por itinerarios de baixa e media montaña (Nivel 2).

Lugares de realización: Teo e Mazaricos.

Prazo de solicitude: ata o 17 de setembro as 14:00 horas.

Requisitos das persoas candidatas

Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o requisitos de acceso a certificados de profesionalidade nivel 2 ou 3 (segundo corresponda), e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

• Ter cumpridos os 16 anos de idade.

• Estar empadroado/a nalgún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).

• Saber ler e escribir.

• Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

◦ Persoas desempregadas de longa duración (PLD).

◦ Persoas menores de 30 anos non participantes en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).

◦ Persoas maiores de 55 anos.

◦ Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.

◦ Persoas inmigrantes.

◦ Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.

◦ Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.

◦ Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

◦ Documentación a presentar:

• Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado.

• Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).

• Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.

• No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil.

• Certificado ou volante de empadroamento.

• Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.

• Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)

• Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.

• Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.

• Acreditación das titulacións ou certificacións que permitan o acceso a certificados de profesionalidade do nivel correspondente.

Lugar de presentación de solicitudes

Presencialmente no rexistro do Concello de Ribeira. Presentar solicitude e documentación requirida.

• Engadir o documento “Solicitude”.

A través da Sede Electrónica da Mancomunidade Arousa Norte.

Máis información

Na web da Mancomunidade Barbanza Arousa.

No Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira: 981 87 14 97

O proxecto PEL Emprego Sustentábel no ámbito rural enmárcase na convocatoria de axudas do Fondo Social Europeo destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerábeis no contesto do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE).

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...