Francisco Conde visitou o Polígono de Espiñeira, beneficiado con 183.000 euros en axudas

02 Agosto 2021

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este luns 2 de agosto o parque empresarial de Espiñeira, en Boiro, un dos beneficiarios das axudas postas en marcha pola Xunta para ofrecer “as mellores condicións de servizo ás empresas asentadas nos polígonos” e “facilitar a captación de novos investimentos”.

No Polígono de Espiñeira, parque que obtivo dúas destas axudas (cun importe que supera os 183.000 euros, destinados a mellorar pavimentado, sinalización, beirarrúas e instalación de colectores) co que se agardan mobilizar 230.000 euros), recibiunos o alcalde, José Ramón Romero.

“Boiro”, dixo o conselleiro, “é un exemplo de dinamismo de actividade empresarial que temos que seguir apoiando a través da colaboración entre a Xunta e o Concello e, polo tanto, o Polígono Espiñeira ten que seguir demostrando que é un motor de xeración de emprego e un motor para atraer novos investimentos, como xa o está a facer”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.