Esgotada a cota de pesca do atún branco do norte

16 Agosto 2021

A Secretaría Xeral de Pesca, dependente do Ministerio de Agricultura, acordou o peche da pesqueira do atún branco do norte desde este 16 de agosto o estimar que se consumiu a cota que lle corresponde a España, establecida en 17.397 toneladas, segundo informaron as autoridades.
A costeira do bonito en augas do Cantábrico e Noroeste, na que participaron 278 buques de pavillón español autorizados, desenvolveuse sen incidencias durante os meses de primavera e verán, período que abarca desde maio ata outubro, en función do consumo de cota. O peche desta pesqueira afecta tanto á pesca profesional como ás modalidades de pesca marítima de recreo e pesca marítima deportiva.

O valor do atún branco alcanzado en lonxa foi positivo, cun prezo medio ascendente desde 2018, e nos mesmos niveis de 2020, de 3,67 euros por quilo, que supuxeron unhas vendas estimadas provisionalmente ao redor dos 63 millóns de euros. Na campaña 2020, a cifra de vendas situouse en 58,7 millóns de euros. Galicia atópase entre as comunidades autónomas con maior peso na costeira do bonito.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...