En Ribeira, licitado o saneamento con pozo de bombeo en Agrelo

24 Agosto 2021

O Concello de Ribeira licitou unha nova actuación destinada a dotar de rede municipal de saneamento ao lugar de Agrelo, situado nas parroquias de Olveira e Oleiros.

De acordo co proxecto elaborado polos técnicos municipais, o que se persegue é instalar unha rede de saneamento formada en primeiro lugar por unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 1.048 metros de lonxitude, ademais de 31 pozos de rexistro. A través do colector conduciranse as augas feciais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas somerxidas fixas. Dende aquí as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 758 metros de longo e 125 milímetros de diámetro ata a súa conexión á rede xeral.

A intervención comporta un investimento de 194.823,52 euros. Está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son cinco meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o 8 de setembro á medianoite para formular as súas propostas a través do Sistema de Licitación Electrónica de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.