Correos lanza unha nova edición do concurso de fotografía ‘A pegada do Camiño’

23 Agosto 2021

Baixo o título ‘A pegada do Camiño’, o certame deste ano busca imaxes que destaquen momentos especiais e únicos vividos nos Roteiros Xacobeos.

Desde hoxe e ata o 31 de agosto, aqueles que queiran participar poden enviar as súas fotografías a través da aplicación que se creou na páxina de Facebook do Camiño con Correos. Nesta páxina tamén se poden ver todas as imaxes presentadas e mentres estea activo o concurso, votar polas que máis gusten.
As fotografías presentadas deben ser orixinais e inéditas e estar tomadas en calquera dos Roteiros Xacobeos. A temática é libre pero deben reflectir ese momento, persoa, paisaxe ou monumento que deixa pegada no peregrino:
un atardecer especial, unha paisaxe que quita o salouco, a chegada ao Obradoiro, o voo do botafumeiro na Catedral de Santiago…
As imaxes participantes deben ser tomadas no Camiño de Santiago e contar con elementos reconocibles como peregrinos, edificios e lugares emblemáticos de calquera dos Roteiros ou símbolos xacobeos como mouteiras, frechas amarelas ou cunchas.

Gañadores do concurso
O concurso terá catro gañadores. Un xurado elixirá o primeiro premio, que obterá unha tarxeta prepago de Correos con 200 euros; o segundo; que conseguirá unha tarxeta con 150 euros e o terceiro premio, que levará unha
tarxeta con 100 euros.
Haberá un cuarto premio, que será para a fotografía máis votada en Facebook e que obterá tamén unha tarxeta prepago con 100 euros.
Este é o sexto ano que Correos lanza un concurso de fotografía para os peregrinos do Camiño. Coas fotos gañadoras e finalistas de edicións pasadas, Correos organizou varias exposicións itinerantes que percorreron toda a Península, dando a coñecer o Camiño de Santiago e a cultura xacobea en diferentes territorios.
Servizos de Correos no Camiño de Santiago
Con estas accións, Correos promociona unha vez máis os atractivos do Roteiro Xacobeo, onde presta servizos específicos para axudar aos peregrinos e resolver as súas necesidades de transporte: o Paq Mochila –servizo de transporte de equipaxes de aloxamento en aloxamento-, o Paq Peregrino –envío de maletas e paquetes a calquera punto do Camiño de Santiago- ou o Paq Bicicleta, un servizo de envío de bicicletas ao comezo do roteiro ou de volta
ao finalizar o Camiño.
Ao chegar a Santiago de Compostela, os peregrinos tamén poden beneficiarse do servizo de consigna que Correos ofrece na oficina de Rúa do Franco, 4, a dous minutos da Praza do Obradoiro.
Toda a información sobre estes e outros servizos de Correos para o Camiño de Santiago está dispoñible na páxina web www.elcaminoconcorreos.com, onde o peregrino tamén poderá atopar onde durmir nun buscador con máis de 4.000 aloxamentos, descrición dos Roteiros Xacobeos máis populares e máis de 300 consellos de que ver e facer no Camiño por parte dos carteiros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...