Este luns abren as súas portas a piscina e o ximnasio municipais de Muros

27 Setembro 2026

A Piscina e o Ximnasio Municipal de Muros abren de novo as súas portas este luns, 28 de setembro, tras as tarefas de mantemento das instalacións.

Os tres últimos días de setembro (28, 29 e 30) serán xornadas de portas abertas para toda a veciñanza. Polo tanto, non haberá clases dirixidas nin de auga nin de seco.

Nestes tres días, poderanse usar libremente o ximnasio, a sala de actividades, as piscinas e a sauna con todas as melloras realizadas.

O xoves 1 de outubro comeza con normalidade o horario de inverno.

As melloras que se realizaron na instalación son as seguintes: baleirado e encintado dos dous vasos, limpeza das praias da piscina, melloras no alumeado do recinto, reposición de material, arranxo das pechaduras das billeteiras, reposición da tarima e o rodapé no ximnasio e a sala de actividades, posta a punto das máquinas do ximnasio, baleirado e limpeza dos acumuladores da piscina (ACS e Solar), limpeza dos vasos de compensación da piscina, posta a punto das caldeiras e das bombas das piscinas, pintado de vestiarios e sala de actividades, posta a punto do sistema de placas solares (cun importante investimento para poder dotar a instalación deste sistema, que suporá un destacado aforro económico, segundo destacou o Concello). Por certo que o ximnasio conta agora cun saco de boxeo, a petición de moitos usuarios (o seu uso terá uns horarios e unhas normas específicas de seguridade e de mantemento).

O concelleiro de Deportes, Damián Torea, quere agradecer “o traballo realizado pola Brigada Municipal de Obras, os electricistas, o persoal de mantemento da piscina, monitores, persoal de limpeza do concello e algunha empresa externa que nos botou unha man con determinados traballos para que todo estivese a punto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.