Boiro convoca procesos selectivos para a cobertura de persoal en electricidade e fontanería

26 Agosto 2021

O Concello de Boiro vén de convocar dous procesos selectivos para a confección de listaxes para a contratación laboral temporal de fontaneiros e electricistas. O prazo para a presentación de solicitudes no rexistro xeral ou sede electrónica abre mañá e as bases e toda a información sobre os procesos está a disposición das persoas interesadas na web municipal.
Os dous procesos selectivos van seguir un procedemento de concurso- oposición libre e o número máximo de persoas candidatas vai ser de 20. Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se precise no momento de realizar a contratación.
As persoas candidatas para ambos os dous procesos deben posuír a titulación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente; estar en posesión do permiso de conducir clase B; ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación; posuír as capacidades e aptitudes físicas para o desenvolvemento das funcións e cumprir todos os demais requisitos para o acceso ao servizo público de emprego.
As probas selectivas van consistir nun cuestionario con preguntas tipo test, prácticas relativas ás funcións a desenvolver e proba de coñecementos de lingua galega. As persoas interesadas en formar parte de calquera dos dous
procesos poden presentar as súas instancias no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de 10 días hábiles a contar dende este venres.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...