BANDO DA ALCALDÍA DA POBRA

13 Agosto 2021

D. José Luis Piñeiro García, alcalde-presidente do Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña),

FAI SABER: Que a evolución da pandemia provocada polo COVID-19 no noso concello vén
sendo favorable durante a primeira quincena do mes de agosto, na que o número de casos
diagnosticados a 14 días descendeu dos 93 casos rexistrados o 25 de xullo ata os 25 no día de
hoxe, 13 de agosto. A incidencia acumulada pasou de 987 a 268. No caso da incidencia
acumulada a 7 días sitúase neste momento tan só en 64, con 6 casos diagnosticados na última
semana, que permite prever que a evolución continuará con tendencia favorable nos vindeiros
días. A pesar de todo isto, o principio de máxima prudencia debe seguir vixente na toma de
decisións, mantendo algunhas das medidas extraordinarias adoptadas, mais tamén retomando
algunhas das actividades anuladas, sempre tendo en conta o nivel de risco que se lle supón, e
por suposto as medidas de obrigatorio cumprimento establecidas no DOG.

As presentes medidas extraordinarias serán de aplicación a partir do día 13 de agosto de 2021 e
permanecerán en vigor ata a publicación dun novo bando.

Estabelécense as seguintes MEDIDAS:
Primeira. Retómase a programación do Verán Cultural e autorízase a realización de todas as
actividades previstas.
Segunda. Prográmanse a Feira Mariñeira e a Semana do Mar para os días 19, 20, 21 e 22 de
agosto. Algunha das actividades previstas poderá cancelarse no caso de que o concello continúe
en nivel de restrición media.


Terceira. Dáselle continuidade á non autorizacion de permisos para a realización de
espectáculos musicais en establecementos privados que precisen de autorización por parte do
Concello.
Cuarta. O parque do Castelo, a praza Alcalde Segundo Durán, os Xardíns Valle-Inclán e
as praias quedarán pechadas ao uso público desde as 0:00 horas ata as 6:00 horas. A Policía
Municipal intensificará a vixilancia no control de aglomeracións e das actividades prohibidas
relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas.
Quinta. Non se permitirá o uso das diferentes dependencias municipais para actividades
extraordinarias de carácter privado. Si se autorizará o seu uso por parte de entidades asociativas
que o veñan facendo de maneira regular, sempre dentro das medidas de prevención exixidas
segundo o nivel de restrición no que se atope o concello.

Estabelécense todas estas medidas sen prexuízo doutras que se puideren tomar con
posterioridade e de todas aquelas que ditaminaren as autoridades sanitarias, tanto no nivel
autonómico coma no estatal.
O que fai público para xeral coñecemento e efectos.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...