A Policía Nacional de Ribeira detén ao presunto autor do atraco a unha taxista

18 Agosto 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon este 17 de agosto á detención dun home de 45 anos, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito de roubo con violencia contra unha taxista mentres esta realizaba o seu traballo.

O agora detido, tras rematar o servizo de desprazamento, negouse a pagar e comezou un tirapuxa coa taxista, podendo arrebatarlle pola forza 370 euros aínda que antes deulle unha dentada na man que lle produciu á muller lesiones sanguentas.

Ademais de que a vítima coñecía polo seu alcume ao autor da agresión e o roubo, a este na fuxida caéronselle catro cartóns de crédito onde figura o seu nome e apelidos.

A detención produciuse grazas á colaboración cidadá xa que foi unha chamada telefónica anónima á Comisaría a que situou ao autor do atraco nun lugar determinado de Ribeira, o que facilitou a súa detención.

No momento da detención, o delincuente, ao que lle constan varios antecedentes policiais por feitos similares, ofreceu resistencia activa contra os policías debendo ser reducido e inmobilizado no chan.

Ao agora detido tamén se lle atribúe a comisión dun delito de roubo con forza do que puido fuxir á carreira tras ser sorprendido, sucedido o pasado 11 de agosto nun bar da zona de Castiñeiras xunto a un compañeiro de roubos, aínda que, este último si foi detido in fraganti, pasando a disposición xudicial no seu día.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, dáse conta de todo o actuado ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira, pondo ao detido á súa disposición polo delito de roubo con violencia e o delito de roubo con forza.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...