A ABE entrega os premios da súa terceira Quincena Fantástica

18 Agosto 2021

A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) entregou os premios da súa terceira Quincena Fantástica, unha promoción en catro fases que pasou á historia da patronal por ser a que máis unanimidade xerou entre os seus membros (foi a primeira que acadou, nos 33 anos de andaina da asociación, a participación dos máis de 200 socios da mesma).

Este mércores 18 entregáronse os premios correspondentes á terceira quincena. Foron entregados 500 euros en vales de compra que quedaron deste xeito:

Premio de 250 € – Raúl Blanco Ferreiros – Compra realizada en Ginlab

Premio de 150 € – Maria Codesido Garcia– Compra realizada en Deportes Sr.Balón

Premio de 100€ – Susana Villar Fernández – Compra realizada na Terraza do Furancho.

As gañadoras e gañadores recibiron cadanseus galardóns de mans do presidente da ABE, Daniel García. Poderán utilizar cada premio nos máis de 200 socios da patronal.

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e realizarase un último sorteo o próximo 1 de setembro de 500 € entre todos os tíckets rexistrados entre o 16 e o 31 de agosto (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros).

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

Segundo recalcaron fontes da patronal, trátase dunha campaña “sen precedentes” xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo salóns de peiteado, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións … en definitiva calquera gasto realizado nunha das empresas integrantes da ABE.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.